A Garda Civil de Boiro detén a catro persoas en operativos contra o tráfico de drogas

29 Xuño 2024


Nunha serie de operativos realizados nos últimos días, axentes da Garda Civil do posto de Boiro detiveron a catro persoas vinculadas ao tráfico retallista de estupefacientes. Estas accións desenvolvéronse en distintos puntos de Boiro e A Pobra, logrando interceptar varias cantidades de drogas e desmantelar un punto de venda.

O primeiro arresto tivo lugar na rúa Pablo Iglesias de Boiro, onde un veciño do municipio foi sorprendido en posesión de dúas bolsitas de heroína, dez de cocaína e un frasco con esta última substancia. O detido, coñecido por cometer ilícitos similares, levantou sospeitas entre os axentes que procederon ao seu cacheo e posterior detención.

Cuartel de Boiro

A segunda operación desenvolveuse na Pobra, onde a Garda Civil interceptou a un individuo mentres realizaba un intercambio de droga por diñeiro. Durante o rexistro, acháronse 0,18 gramos de cocaína e varias moedas, o que levou á detención do implicado.

En Boiro, os axentes desmantelaron un punto de venda de drogas. Varias persoas en actitude de espera contactaban cun home que se refuxiou nunha vivenda do barrio. Pouco despois, outro home saíu en bicicleta coa intención de entregar as doses. Este delincuente habitual levaba consigo heroína, de cocaína e marihuana, polo que foi arrestado.

O forte cheiro a marihuana nun local de hostalería en Escarabote alertou aos axentes sobre o consumo desta substancia no interior. Ao ingresar ao establecemento, descubriron a un mozo fumando un porro, o que levou á súa identificación e á confección dunha denuncia. Simultaneamente, rexistraron a outra persoa que se atopaba xunto a el e acharon nove gramos de cocaína, o que resultou na súa detención por un delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de estupefacientes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.