A Feira Náutica do Freixo inclúe desde este venres 28, un mercado mariñeiro, concertos, rutas en caiac, charlas e talleres

23 Xuño 2024

O alcalde de Outes, Manuel González; Alba Quintela, edil de Obras e Servizos; e Xesús Mato, en representación da Asociación Cultural Terra de Outes, presentaron a segunda edición da Feira Náutica do Freixo, que se celebrará os vindeiros días 28 e 30 destes mes de xuño.

Participarán como expositoras as empresas do sector náutico Astilleros Abeijón Hermanos S.L., Astilleros y Varaderos Lago Abeijón S.L., Talleres Villade, R Náutica, ACR Servicios Náuticos, Náutica Andrade Mar S.L., Decoat e Álvarez Riveira.

As persoas que se acheguen poderán, previa inscrición, gozar de diversas actividades de ocio e deportivas, como visitas ao Museo Carpintaría de Ribeira Estaleiro de Ciprián, ao estaleiro Abeijón Hermanos S.L. ou aos puntos máis simbólicos e históricos da parroquia de San Xoán de Sabardes; rutas en caiac polo litoral; ou rutas a bordo do histórico balandro Joaquín Vieta, construído no ano 1916 no antigo estaleiro de Ríos.

Pola súa banda, a Asociación Adeco-Dea achegará a navegación a persoas con diversidade funcional a través dunha embarcación adaptada.

No peirao do Freixo haberá diversos espazos expositivos para coñecer múltiples tipos de embarcacións tradicionais, así como unha exposición permanente no Náutico.

En colaboración con Agalcari terán lugar ao longo das tres xornadas obradoiros de carpintaría de ribeira nos que se visibilizará en vivo o proceso de construción tradicional de embarcacións. Tamén haberá oportunidade de asistir a unha mesa redonda baixo o título Estaleiros sostibles, cara o futuro dende a tradición, un espazo de encontro e intercambio para atopar sinerxias multisectoriais que teñen en común o uso do monte e o emprego da madeira como materia primixenia para afrontar os riscos no coidado e a limpeza do medio mariño dende a óptica da construción naval.

A Feira Náutica do Freixo contará asimesmo cun Mercado Mariñeiro, dedicado á artesanía mariñeira, con diversos postos de venda.

Xesús Mato, esquerda, Manuel González e Alba Quintela na presentación da Feira Náutica do Freixo remiticia

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.