A Escola Municipal de Ballet estrea o vindeiro sábado “Bailadoras” (no novo Auditorio)

17 Xuño 2024

A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a profesora da Escola Municipal de Ballet, Cristina Riveiro presentaron este luns o espectáculo Bailadoras, unha coreografía que fará un percorrido polo mar, os seus oficios e o labor da muller coma protagonista. Actuarán 30 bailarinas da Escola Municipal inspiradas na música celta. Interpretarán o sábado 22 un total de 10 danzas distribuídas en varios apartados.

Estes apartados son:

–As Redeiras, bailarán pezas marcadas polo ritmo das ondas do mar.

–As Lavandeiras, baile adicado ás mulleres que ían a lavar a regatos ou lavadoiros.

–As mariñeiras, unha ollada ao voo das gaivotas cando seguen o ronsel dos barcos cando van chegando a terra.

A concelleira de Educación indicou o “bo traballo” que se está facendo dende a escola e engadiu que “o ballet é unha linguaxe artística universal que aporta compañeirismo, esforzo, constancia e

cultura”.

A profesora e coreógrafa Cristina Riveiro falou da implicación e motivación das alumnas e pais, anima á veciñanza a acudir a esta estrea.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.