A Deputación apoia as agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia

27 Xuño 2024

A Deputación da Coruña vén de resolver a convocatoria de subvencións correspondentes ao programa dirixido ás agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia para actividades durante o ano 2024. O Boletín Oficial da Provincia publicou este mércores a resolución pola que se aproba a resolución definitiva da concesión das axudas.

Este ano, as beneficiarias son 11 agrupacións de voluntarios, dos concellos de Abegondo, Betanzos, Carnota, Curtis, Muxía, Trazo, Vimianzo, Oroso, Mazaricos, Carral e Boiro, ás que se unen a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña.

En 12 dos 13 casos as axudas acadan un máximo do 80 % dos gastos subvencionables que contemplan as bases da convocatoria, mentres que no restante se sitúan nun 34 %. As subvencións varían entre os 3.800 e os 9.880 euros, cun importe total de 74.972,83 euros. Entre as agrupacións están:

AGRUPACION MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL DO CONCLLO DE BOIROImporte da subvención 4.091,15 €Coeficiente 0,8Presuposto subvencionado 5.113,94 €
AGRUPACION DE VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL DE CARNOTA3.800,00 €0,84.750,00 €

O anuncio pódese consultar na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/26/2024_0000004518.html

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.