A Copa Deputación de Balonmán na Rúa decídese esta fin de semana en Ribeira

22 Xuño 2024

A pista de balommán instalada na praza de España de Ribeira acolle durante esta fin se semana os partidos da Copa 5×5 Deputación da Coruña, que pretende levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.

O circuíto, que remata en Ribeira tras o seu paso nos últimos meses pola cidade da Coruña e os concellos de Negreira, Sada, Zas, Oroso e Cedeira contou coa participación de máis de 1.600 deportistas e pretende, en palabras da Deputación, “achegar o deporte do balonmán a todos os públicos e favorecer a práctica desta disciplina deportiva entre os máis pequenos”.

A institución provincial engade que na sede de Ribeira, derradeira do circuíto, participan ao longo da fin de semana un total de 30 equipos e máis de 150 nenos e nenas, o que supón o récord de participación de todo o circuíto.

Na praza de España está instalada unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.

A pista dispón de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas e nalgunhas sedes incluso un dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas son os protagonistas.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, participará mañá domingo 23 de xuño ás 13.30 horas, no acto de entrega de medallas e trofeos aos gañadores.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.