A cidadanía de Porto do Son poderá formarse en trámites en liña coa Administración o 11 e o 20 de xuño

06 Xuño 2024

O Concello de Porto do Son, no marco do programa INECO Rural TIC, organiza este mes de xuño unha actividade formativa para facilitar a relación (comunicacións, trámites, operacións, consultas), pola vía tecnolóxica, da veciñanza coas entidades públicas. En concreto, o curso Trámites online coa Administración permitirá participantes coñecerán e porán en práctica aspectos esenciais para relacionarse coas entidades públicas a través das novas ferramentas (computadores, dispositivos móbiles, Internet).

Contidos

Mecanismos de identificación (DNI electrónico, certificado dixital, chave permanente, etc).

Acceso a sedes electrónicas de diversas Administracións (SEPE, AEAT, Seguridade Social, Concellos, etc)-

Principais trámites electrónicos (Cita previa, presentación de solicitudes, etc.).

Para favorecer a participación de todas as persoas interesadas, este curso desenvólvese en dúas quendas:

-11 de xuño de 9:30h a 11:30h

Viveiro de Empresas de Porto do Son

-20 de xuño de 16:30h a 18:30h

Viveiro de Empresas de Porto do Son

As inscricións cómpre facelas a través do enderezo maria.santos.lemina@portodoson.gal

(indicando o nome completo, DNI e teléfono de contacto).

Quen desexe máis información, tena ao seu dispor na web municipal de Porto do Son.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.