350 rutas guiadas con 4.000 prazas dispoñibles para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas durante o verán

16 Xuño 2024

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia oferta este verán un total de 350 rutas guiadas con aproximadamente 4.000 prazas para coñecer a natureza e a historia das illas que conforman este espazo natural.
Todas as rutas faranse en grupos reducidos co fin de poder ofrecer unha experiencia da máxima calidade. No caso de Cíes e Ons, as persoas interesadas poderán apuntarse tanto de xeito presencial nas casetas de información localizadas nas propias illas como a través da central de reservas para participar nas visitas con guía que se realizarán a diario ata o 15 de setembro. Estas rutas están programadas todos os xoves ás 12,00 horas durante os meses de xullo, agosto e setembro no caso de Cíes, e os venres á mesma hora no de Ons.
En canto ás rutas guiadas polos arquipélagos de Cortegada e Sálvora, que serán en grupos de 10 a 15 persoas, só hai opción de reservar a través da páxina web. En Cortegada ofrécense un total de 7 visitas -30 de xuño; 14, 21 e 28 de xullo, e 1, 15 e 25 de agosto-. Para Sálvora serán 9 rutas -11, 23 e 24 de xullo; 3, 7, 20, 21 e 29 de agosto, e 5 de setembro-.
A solicitude a través da central de reservas das visitas a Sálvora e Cortegada deberá facerse, cunha antelación máxima de 25 días e ata 4 días antes da data de realización da ruta; e para Cíes e Ons, poderase facer cunha antelación máxima de 15 días e ata 24 horas antes da realización da ruta para reservas en liña, ou no mesmo día en caso de facelo de xeito presencial nas casetas de información.
Cómpre subliñar que, aínda que todas estas rutas son gratuítas, os visitantes deberán facerse cargo do traslado ata a illa. No caso de Cíes e Ons, ao existir transporte regular durante o verán, cada persoa debe solicitar a súa autorización de visita e o seu billete de barco. O guía, pola súa parte, estará esperando nos puntos de información das illas.

Así e todo, no que respecta a Sálvora e Cortegada, que só se poden visitar en compañía dun monitor, o propio Parque Nacional organiza o grupo e contrata o transporte, pero o visitante, logo de reservar a súa praza a través da páxina habilitada, debe pagar o billete á navieira seguindo as indicacións que se lle farán chegar.
Este programa de rutas de verán do Parque Nacional naceu no ano 2004, ofertando nun principio rutas guiadas aos arquipélagos de Cíes e de Ons, e ampliando a actividade a partir do verán de 2017 tamén ás illas de Sálvora e Cortegada. Grazas a el, puideron visitar estes espazos naturais máis de 55.000 persoas nos 20 anos que leva activo.
Así mesmo, en todas as illas poden realizarse ata 10 itinerarios sinalizados. Cada un está indicado cunha cor e hai folletos explicativos sobre o percorrido tanto na web como nas casetas de información do Parque Nacional. En canto á temática, recollen tanto aspectos naturais como culturais e histórico-etnográficos que axudan a coñecer cada un dos arquipélagos.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...