Seguimos outra xornada baixo a influencia de inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en capas altas. Con esta situación, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos acompañados dalgunha saraibada puntual.
Na comarca teremos ceos con nubes e claros en xeral aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso notable e máximas en ascenso moderado, moveremonos entre os 8 e os 15 graos.
No referido á calidade do aire, manterase a un nivel favorable en xeral.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2.5 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



