Unha trintena de rianxeiras e rianxeiros participan na nova edición da formación para maiores da USC

13 Maio 2024

Trinta e unha persoas da contorna rianxeira participan este ano nunha nova edición do proxecto de democratización do coñecemento Camiños do Coñecemento e Experiencia, programa promovido pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Rianxo e dirixido a persoas maiores de 50 anos que desexen seguir aprendendo e enriquecer a súa formación.

As actividades desenvólvense ao longo desta primavera, con inicio o pasado mes de abril.

Trátase dunha iniciativa da Universidade de Santiago e en concreto do Vicerreitorado de Estudantes, en colaboración, neste caso concreto, co Concello de Rianxo.

As sesións estanse a celebrar na ​​​​​​Aula no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo e inclúen formacións relacionadas coa entomoloxía (o estudo dos insectos), a tradición xacobea e a música. A continuación damos conta do programa:

24/04/24 16:30 – 18:00 h

Seminario: Para que serven os insectos? José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.

25/04/24 16:30 – 18:00 h

Obradoiro práctico: Para que serven os insectos? José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.

26/04/24 16:30 – 18:00 h

As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Victoriano Nodar Fernández.

29/04/24 16:30 – 18:00 h

A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación.

29/04/24 16:30 – 18:00 h

Obradoiro práctico de ritmo e percusión. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación e Lusine Grigoryan Zohrabyan.

03/05/24 16:30 – 18:00 h

Seminario: As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Victoriano Nodar Fernandez.

Outros artigos

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.