Un home resultou ferido logo de recibir un couce dun cabalo en Noia

04 Maio 2024

Sucedeu en Noia, nunha finca situada en Argote, en Barro, no concello coruñés de Noia. Un familiar contactou co 112 Galicia para pedir axuda.

Un particular contactou, ao fío das 13:00 horas, co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para o seu pai, que estaba tendido no chan logo de recibir un couce dun cabalo na cabeza.

Desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ao mesmo tempo, os servizos sanitarios solicitaban medios ao 112 para evacuar ao ferido, posto que, o acceso podía ser complexo para que o vehículo sanitario chegara a onde se atopaba o paciente.

Así, os xestores de emerxencias comunicaron a situación aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Noia, así como aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que xunto co persoal sanitario recolleron ao paciente  na cadeira da ambulancia e levárono ata onde se atopaba o vehículo sanitario medicalizado, que o trasladou ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión