Teatro infantil: Arturo Cobas e Pajarito representan “Bagaxe” este venres 24 en Rianxo

20 Maio 2024

O Auditorio Municipal de Rianxo acolle este venres a representación dun novo espectáculo de humor para público familiar a cargo de Arturo Cobas e Natalia Pajarito. Trátase de Bagaxe, unha función de teatro físico conducido por Cobas e Pajarito, dous dos máis sobranceiros clowns do panorama galego actual, que se xuntan por vez primeira nesta “viaxe física e cómica. A cita será o venres 24 de maio ás 20.00 horas, cunha duración de 55 minutos. A entrada será de balde ata completar capacidade e a recollida de convites comezará dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Auditorio.

Sinopse

As emocións, vivencias, ilusións, experiencias, en definitiva, a bagaxe da humanidade, está gardada en 60 maletas, custodiadas por un pallaso e unha pallasa. Arturo Cobas  e Natalia Outeiro Pajarito únense para crear o espectáculo cómico das súas vidas, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Mais, que pode saír mal cando se trata dunha combinación tan explosiva como a de dous artistas coa súa propia bagaxe emocional?

Dirección: Natalia Outeiro Pajarito e Arturo Cobas

Intérpretes: Natalia Outeiro Pajarito e Arturo Cobas

Iluminación/espazo escénico: As Dúas en Punto

Vídeo e foto: Sol Álvarez

Axuda a creación: AGADIC- Xunta de Galicia

Colaboran: Manu Lago, Concello de A Estrada, Concello de Negreira, Concello de Ames, Concello de Rianxo, Concello de Santiago.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.