O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza este sábado 1 de xuño unha xornada de voluntariado ambiental na senda litoral de Taragoña.
A actuación, encadrada nas actividades do Día Mundial do Medio Ambiente, consistirá en retirar da zona os restos de envases de plástico existentes coa “finalidade de concienciar sobre a necesidade de xestionar adecuadamente os residuos que producimos”, informou a Concellería, engadindo que a maiores brindarásenos a oportunidade de comprobar como os envases de plástico que reciclamos “poden ter moitas vidas”.
Establécese como punto e hora de encontro a praia da Torre (a carón do chiringuito) ás 10:00 horas.




