Proseguen este martes en Boiro as xornadas de traballo do proxecto “O que nos conta o mar de Arousa”

20 Maio 2024

O Centro Social de Boiro (primeiro andar) vai dar acollida este martes 21 de maio, a partir das 17.00 horas, una xornada de traballo con representantes do sector pesqueiro e marisqueiro do Barbanza e de Galicia. Trátase dunha das citas do proxecto O que nos conta o mar de Arousa, que servirá de base a catro contos de temática mariñeira. As inscricións cómpre facelas no 684 33 85 73.

A xeira de traballo forma parte dun programa de catro encontros, un por cada relato en preparación: o primeiro relacionado co sector marisqueiro (o 9 de maio), o segundo co das bateas (14 de maio), o terceiro coa conserva (o 16 de maio) e o cuarto coa de pesca (o 21 de maio).

Trátase dun programa co-financiado pola Unión Europea e impulsado polo Concello de Boiro co apoio da Xunta (Consellería de Mar).

A iniciativa involucra catro sectores relevantes como son o mar, a cultura, a educación e a investigación. O plan proposto iniciouse en 2023 e esténdese ata o 2024 desenvolvéndose en dúas fases. A primeira consiste na elaboración e impresión das obras literarias infantís e na creación de materiais didácticos de apoio. A segunda é a difusión mediante a intervención lectora en escolas de primaria a cargo de persoas do sector do mar e profesionais da divulgación.

O obxectivo do proxecto é a transmisión do coñecemento xerado en universidades e centros de investigación ás xeracións novas a través de obras literarias infantís e de materiais didácticos asociados ás mesmas, así como a transmisión do patrimonio inmaterial vinculado á pesca e o marisqueo da ría de Arousa. Preténdese dar respostas a cuestións centrais do cambio climático, pesca e sustentabilidade do medio mariño baseadas no rigor científico. Ao mesmo tempo preténdese “promover a carreira investigadora e as profesións asociadas ao marisqueo e a pesca espertando o interese nas novas xeracións”. As obras literarias incidirán no rol da muller na ciencia e no mar e empregarán historias mariñeiras tradicionais, coñecementos e saberes populares característicos do sector na ría de Arousa e a talasonimia (toponimia do mar) asociada, para fortalecer a conservación dos mesmos nas xeracións devandeiras.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...