Outes nomea Fillo Predilecto ao mestre e músico Domingo Barreiros Lago (este venres en pleno aberto á cidadanía na Casa da Cultura)

02 Maio 2024

O Concello de Outes vai nomear esta semana Fillo Predilecto a Domingo Barreiros Lago, en recoñecemento “á súa traxectoria para a promoción musical, cultural e educativa do municipio”. O acto solemne está previsto para o pleno extraordinario convocado este 4 de maio no que poderá participar toda a cidadanía. Será a partir das 12.00 horas na Casa da Cultura.

Domingo Barreiros Lago naceu na parroquia de Louro (Muros), en 1942. Foi, na súa nenez e mocidade, alumno da Escola de Abaixo e posteriormente do Seminario de Herbón onde cursou o Bacharelato. Matriculouse no ano 60 por libre na Escola de Maxisterio de Santiago e logo opositou para unha praza de mestre nacional no 63, exercendo en Outes, Noia, Carnota e Sobrado dos Montes. Foi mestre propietario durante anos dunha escola de nenos no Freixo (Outes) e outros colexios da contorna, vertente que compaxinou coa súa faceta de músico, que materializou como membro da Orquestra Los Romero e, tamén, como director das corais Orfeón Ría de Muros, Coral “Agustín González” de Louro; Clube de Xubilados de Porto do Son, Liceo de Noia e “Francisco Añón” de Outes; Coral “Don Diego de Muros” e “San Xoán de Serres e Coral Xuvenil “Solpor de O Freixo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.