Os conselleiros que foron elixidos deputados nas pasadas eleccións autonómicas do 18 de febreiro, excepto Diego Calvo e Román Rodríguez, deixarán a súa acta en Parlamento de Galicia para centrarse no seu labor na Xunta.
As renuncias, segundo recolle a axencia Europa Press de fontes próximas ao presidente, iranse materializando nos próximos días, de forma que no próximo pleno ordinario da Cámara, que se celebrará os días 11 e 12 de xuño, poidan tomar posesión as persoas que os substitúan.
Diego Calvo e Román Rodríguez manterán o escano, condición necesaria para entrar na terna de aspirantes #ante unha hipotética sucesión presidencial




