Os centros comerciais abertos galegos contarán cunhas axudas da Xunta de 2,25M€ para dixitalización e dinamización

24 Maio 2024

Hoxe, venres 24 de maio, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que cun importe de 2,25 millóns de euros busca impulsar a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos da Comunidade. Co obxectivo de revitalizar o comercio local como elemento esencial do desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas, a Xunta convoca esta orde de axudas que o ano pasado chegou a 51 asociacións deste tipo das catro provincias. Informar que o prazo de solicitude destes 2,25 millóns de euros en axudas, comeza mañá sábado e prolongarase até o vindeiro 24 de xuño de 2024.

Dicir que as achegas máximas desta convocatoria poderán acadar os 52.000 euros e encamiñarse a actuacións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial. Os e as beneficiarios/as teñen a oportunidade de financiar gastos derivados de campañas de dinamización, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial. Tamén descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de marketplaces, ou de desenvolvemento de apps de fidelización.

Estas axudas teñen como potenciais beneficiarias asociacións de comerciantes de carácter territorial e sen ánimo de lucro que, legalmente constituídas, desenvolvan proxectos de interese para revitalizar a actividade comercial nas súas localidades. Tanto no caso das sete grandes cidades como do resto dos concellos, estes centros deben contar cunha xestión profesionalizada, delimitación territorial definida, diversidade de oferta comercial e, como mínimo, representar 50 negocios retallistas.

Alén disto, a Xunta lanzará unha convocatoria no segundo semestre do ano para financiar proxectores tractores de dinamización destas entidades que favorezan a innovación e a competitividade do comercio local. A finalidade será a de contribuír ao impulso da modernización do sector comercial galego para fortalecer a economía local. A Xunta seleccionará e financiará iniciativas propostas polos propios centros comerciais abertos e se confirmen como axentes primordiais da xeración de riqueza e emprego, ao tempo que se lle dá pulo ao territorio e se fixa poboación, contribuíndo á revitalización dun sector chave no desenvolvemento das vilas e cidades galegas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.