O Tapal rende homenaxe ás banda sonoras cun gran concerto no que participaron máis de 100 músicos

27 Maio 2024

Este venres 24 de maio celebrouse na praza do Tapal de Noia un concerto organizado polo Conservatorio Profesional Felipe Paz Carbajal no que se quixo render homenaxe á xa histórica confluencia entre cinema e música. O Concerto de Película tivo polo tanto unha vertente audiovisual (con proxeccións de imaxes de películas na fachada da igrexa de San Martiño) e outra estritamente musical (con máis de 100 músicos interpretando bandas sonoras de películas coñecidas por todas e todos as/os seareiros do sétimo arte, e mesmo polos non tan seareiros).

Entre as películas recreadas a través de proxeccións e música atopábanse Grease (na imaxe), Regreso ao futuro ou a saga de Indiana Jones.

Contouse coa presenza da Banda Isabel II de Touro e a S.R. San Xoán de Calo.

A cita foi este 24 de maio ás 22.30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.