O Sergas detecta un repunte de casos de coronavirus na atención primaria

26 Maio 2024

Hai case 1000 pacientes con infección activa, 146 persoas que necesitaron hospitalización e 4 en coidados intensivos

O Sergas vén de detectar, nas dúas últimas semanas e a través das consultas en atención primaria, un repunte de casos de Covid-19 en Galicia. Con todo, o sistema sanitario non está tensionado.

Recoñece que en Galicia temos cifras máis altas de COVID que nas últimas dúas semanas e que aínda que houbo sobrecargas puntuais nos servizos de urxencias o sistema sanitario galego non está tensionado.

Segundo os datos comunicados polos médicos de familia en Galicia hai case 1000 pacientes con infección activa, 146 persoas que necesitaron hospitalización e 4 en coidados intensivos, un deles no hospital Álvaro Cunqueiro.  A área sanitaria con máis ingresados é a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 32 hospitalizados e un ingreso tamén na UCI. 

O 83,5 % dos casos non precisan ingreso grazas á cobertura da vacinación en Galicia. Aínda así hoxe hai 146 hospitalizados e catro deles na Unidade de Coidados Intensivos 

Non todos os casos están comunicados, a xente segue coa súa vida apesares da Covid 19, e son os menos os que teñen síntomas incapacitantes coma febre, tose ou afonía e que collen a baixa médica. 964 persoas son os pacientes con infección activa en toda Galicia. Máis de cen foron comunicados en vinte e catro horas.   

A enfermidade, lembran desde o Sergas, non ten unha distribución estacional e depende máis das interaccións sociais, maiores na primavera e no verán. Sanidade segue insistindo no uso da máscara cando aparecen síntomas e en manter as medidas de hixiene respiratoria e o lavado frecuente das mans.  (TVG)

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.