O Pazo de Goiáns acollerá o I Recital Poético María Mariño do Concello de Boiro

30 Maio 2024

O vindeiro 8 de xuño celebrarase no Pazo de Goiáns o I Recital Poético María Mariño do Concello de Boiro. Na presentación da actividade, que tivo lugar no Consistorio este 30 de maio, estiveron a concelleira de Cultura, María Outeiral; a poeta Anxos Castro; e o musico e poeta Xulio Gutierrez.

O recital será ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns e contará coa participación de poetas locais como son Anxos Castro, Ana Lojo ou Juan A. Castro Parada; pero tamén outros poetas doutras localidades como O Grove, Sanxenxo, Pontevedra, Ponteareas… “Espero que este I Recital de María Mariño do Concello de Boiro teña unha boa acollida“, afirmou Anxos Castro.

A xornada vai consistir nun recital con tempo limitado para cada un dos autores “este acto vai ser de reivindicación da poesia, varios poetas de toda Galicia van recitar as súas propias obras que isto e emocionante para o propio autor “, recoñeceu Xulio Gutiérrez.

Este acto terá unha actividade musical ao principio e ao final polo grupo Menestreis na que van a interpretar poesía medieval, cantigas profanas, escarnio…

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu a implicación de todos os participantes neste I Recital Poético “que vai traer a Boiro e ao Pazo de Goiáns unha nova actividade que non se tiña celebrado ata o momento pero que está moi vinculada á historia de Goiáns a través da figura de María Mariño.

Tamén haberá un micro aberto, todos aqueles que queiran participar terán que mandar un correo para inscribirse ao correo centrosocial@boiro.org”.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.