O Pazo de Goiáns acolle o 17 de maio unha nova edición da tradicional Romaría das Letras Galegas 2024

10 Maio 2024

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Cultural Barbantia, organizan o vindeiro venres 17 de maio a XIII Romaría das Letras que terá lugar no Pazo de Goiáns. A concelleira de Cultura, María Outeiral; a presidenta de Barbantia, María Xesús Blanco; e Alberto García, técnico de cultura de Boiro, presentaron este venres 10 de maio o programa de actividades. Este inclúe unha feira artesá e literaria, obradoiros, unha mostra sobre Luísa Villalta, música e baile tradicionais galegos, un roteiro botánico e, por suposto, presentacións de novidades literarias.

Ás 11.30 horas dará comezo o programa de activades con 17 bombas de palenque para a apertura do recinto. As 12.00 horas abrirá a feira artesá e literaria; o fotocol con roupa tradicional cortesía da asociación Xilbarbeira; unha exposición dedicada a Luisa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024; e un obradoiro de ourivería con Susi Gesto.

Ás 12.00 horas comezarán os bailes na eira do Pazo con AC Pedra da Aroña e grupo de baile de Abanqueiro. Xulio Gutiérrez realizará un roteiro botánico pola leira do pazo e ás 13.30 horas, previo ao xantar popular, haberá unha actuación de Alana Trío.

A programación de tarde comezará ás 16.00 horas co acto institucional seguido das presentacións literarias de Carme e a serea Mariña de Ana Rial cun paseo teatralizado con Marta Ríos. Ester F. Carrodeguas presentará Iribarne; e Beatriz Maceira, Eli Ríos e Laura Suárez presentarán a publicación Alma de violino.

“A romaría das letras é un gran acontecemento das Letras Galegas no Barbanza e que ten lugar nun espazo como o Pazo de Goiáns que fumega frescura, historia e tamén literatura”, afirmou María Xesús Blanco, presidenta de Barbantia.

As 18.00 horas darán comezo os bailes galegos na eira do Pazo con Xilbarbeira e Abeloura. Ás 18.30 horas Airiños actuará no xardín de Goiáns, ás 19.00 horas celebrarase o concerto de Os Melidaos; ás 20.30 horas será o momento de DJ Misa que pechará a programación cultural do Día das Letras Galegas en Boiro.

“Este día é tamén o da cultura galega e achegámolo cun programa moi diverso con música, teatro, publicacións literarias… é o noso festival cultural”, afirmou Alberto García.

Participan nesta edición da Romaría das Letras AdaNegra, Suse Geto, Sonagasallo, Palilleiras Revolteir@as, Che Tembra, Pedra de Aroña, Grupo de Baile de Abanqueiro, Xilbarbeira, Abeloura, Alana trío, Os Melidaos, DJ Misa, Grupo de teatro Airiños de Rianxo, Marta Ríos, Xulio Gutiérrez Roger, Editorial Cuadranta, Edicións Xerais, Editorial Ministerio de Cultura e Deporte, Libraría NOBEL de Boiro, Libraría LER da Pobra do Caramiñal.

A concelleira de cultura, María Outeiral, animou a toda a veciñanza de Boiro e a contorna a que asista a Goiáns para desfrutar desta Romaría das Letras e que se vista de tradicional: “É un dia para desfrutar en familia de todas as actividades culturais e apelar á participación cidadá para caracterizarse con algún elemento da roupa tradicional galega”.

PROGRAMA COMPLETO

11.30h – apertura do recinto e recibimento de participantes da XIII Romaría das Letras no Barbanza

12.00h – apertura de:

• Feira artesá e literaria

• Fotocol con roupa tradicional cortesía da asociación Xilbarbeira

• Exposición dedicada a Luisa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024

• Obradoiro de urivería con Susi Gesto

12.00h – baile galego na eira do Pazo con AC Pedra da Aroña e grupo de baile de Abanqueiro.

12.30h – roteiro botánico pola leira do Pazo de Goiáns a cargo de Xulio Gutiérrez Roger.

13.30h – concerto no xardín do Pazo a cargo de ALANA trío.

14.30h – xantar popular

16.00h – apertura institucional e presentacións literarias no interior do Pazo:

• Presentación literaria infantil: CARME E A SEREA MARIÑA, de Ana Rial (Editorial Cuadranta) e paseo teatralizado para público familiar pola leira de Goiáns a cargo de Marta Ríos.

• Presentación do libro IRIBARNE, de Ester F. Carrodeguas (Edicións Positivas).

• Presentación do libro ALMA DE VIOLINO, das autoras Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez (Edicións Xerais).

18.00h – baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira e Abeloura

18.30h – espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo e xardín do Pazo.

19.00h – concerto de Os Melidaos na eira do Pazo

20.30h – Dj Misa (100% en galego) no xardín do Pazo.

22.00h – remate da XIII Romaría das Letras no Barbanza.

Outros artigos

Martes con chuvascos e temperaturas sen cambios

Xornada de inestabilidade atmosférica, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente fortes diminuíndo cara a noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...