O Maio das Letras 2024 conclúe na Pobra coa presentación do libro “Fóra de xogo”, gañador do VI Premio Carlos Mosteiro

30 Maio 2024

Unha relación de amizade entre dúas nenas do Afganistán unidas polos seus soños arredor dun balón e as normas do fútbol. Este é o argumento de Fóra de xogo, o libro de José Luis Baños gañador do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro; certame convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia. Este xoves 30 celebrouse na Pobra a presentación da obra: foi o broche de ouro da axenda de actividades do Maio das Letras Galegas 2024, na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

Alí estivo alumnado de 6º curso do CEP Salustiano Rey Eiras.

Procedeuse, ademais, coa entrega da distinción por parte do alcalde, José Carlos Vidal; da concelleira da Cultura, Patricia Lojo; do director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro; e da vicepresidenta da A. C. Barbantia, Encarna Pego; ademais da compaña da viúva do escritor homenaxeado que dá nome ao certame, Lourdes Briones. “Este premio supón unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de exemplares entre a rapazada pobrense”, lembrou o alcalde, José Carlos Vidal, quen enxalzou a necesidade deste tipo de lecturas porque “permítennos reflexionar sobre a situación no mundo”, constituíndo tamén leccións de vida. A nivel persoal, tamén quixo lembrar o especial vínculo que ten coa literatura ao exercer como bibliotecario municipal durante 35 anos.

Durante a súa intervención, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, destacou a calidade e o trasfondo do relato. Trátase dunha obra que “vai máis aló de inculcar o hábito lector nas crianzas cunha proposta literaria amena, pois reivindica os dereitos das nenas a través do deporte nunha situación de desesperanza. E engrosa, así mesmo, a temática do catálogo ao abeiro do Carlos Mosteiro”, sinalou Lojo, quen anunciou que a Administración local “seguirá coa súa aposta por este certame para achegarlles boas lecturas e en galego ás novas xeracións ao tempo que se promoven novos autores e autoras e se homenaxea a un veciño pobrense que traballou arreo pola cultura”.

En representación da Editorial Galaxia, o director de edicións, Marcos Calveiro, salientou que a obra premiada tamén é sinónimo de reivindicación, igualdade e amizade. “Cousas tan simples no voso día a día, hai nenos e nenas que non teñen acceso”, poñendo como exemplo o balón de fútbol, se ben, avanzou, o relato ten un final esperanzador.

Pola súa banda, a vicepresidenta da A. C. Barbantia, Encarna Pego, precisou que se albisca certa denuncia a países que non cumpren cos dereitos humanos. “A Carlos Mosteiro encantaríalle que este libro, con esta temática, formase parte dun conxunto premiado co seu nome”, remarcou.

Antes de recibir o cheque coa contía económica, o autor José Luis Baños pechou o acto. Indicou que, igual que o premio lembra a figura de Carlos Mosteiro, este relato lembra a situación en Afganistán nun momento no que vivimos a unha velocidade máis acelerada e os sucesos bórranse rapidamente da memoria colectiva.

Entregouse como obsequio cadanseu exemplar entre a rapazada, quen tivo ocasión de levalo con dedicatoria do autor.

O texto de José Luis Baños alzouse co galardón entre os preto de trinta orixinais presentados. O seu nome queda xa asociado de maneira oficial ao de Carlos Mosteiro xunto ás persoas gañadoras nas anteriores edicións: Patricia Mallo, con Os Fantom; Xosé Antonio Neira Cruz, con O enigma do baúl pechado; a terceira edición quedou sen adxudicar, por se estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; repetiu Neira Cruz con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos; e Teño un volcán dentro, de María Canosa.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...