O local social do Sanguiñal, no concello de Lousame, encheuse este martes para acoller a charla informativa sobre Dano Cerebral Adquirido (DCA) impartida por Fátima Cabanas, auxiliar do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica da Asociación de dano cerebral de Compostela (Sarela). No transcurso da xornada Cabanas compartiu coa veciñanza de Lousame, na súa maioría persoas de idade avanzada, que o ictus é a primeira causa do DCA e indicou boas prácticas e recursos para previlo.
Esta xornada informativa estivo organizada por Sarela, en colaboración co Concello de Lousame e a Consellería de Política Social e Igualdade. Unha iniciativa subvencionada pola Xunta de Galicia a través do Convenio Nominativo con Fegadace para o ano 2024.




