O I Trofeo de Orientación Concello de Ribeira celebrarase o vindeiro 1 de xuño

27 Maio 2024

Este luns presentouse I Trofeo de Orientación do Concello de Ribeira, que se celebrará o vindeiro 1 de xuño. Participou na rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, acompañado de a Javier Rico, Antonio Piñeiro, Maribén Sampedro, Moncho Sampedro e Gonzalo Prenlla. Vidal fixo saber que é “a primeira vez que se celebra unha proba destas características no concello” e que está organizado polos clubs da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Arnela en colaboración coa Asociación de Veciños de Carreira. Celebrarase pola mañá no Monte de San Alberto e pola tarde na parroquia de Corrubedo.

En San Alberto disputarase a proba da XXIII Liga Galega de O-Pé; Campionato da Xunta de Galicia de Distancia Media 2024, que puntuará na II proba da Liga Transfronteiriza Galicia Norte de Portugal, e pola tarde en Corrubedo, a I Proba da V Liga Galega de Sprint; Campionato da Xunta de Galicia.

Segundo engadiu Vidal, trátase dunha actividade “de carácter moi familiar” que está vencellada ao medio ambiente e que engloba grupos de idade diferentes, implicando habilidades deportivas pero tamén técnicas e intelectuais.

Moncho Sampedro destacou o gran traballo da USC na elaboración do mapa de orientación do monte de San Alberto “moi axeitado para esta proba”.

O I Trofeo de Orientación do Concello de Ribeira promete ser un evento destacado no calendario deportivo da comarca que atraerá a orientadores de toda Galicia e comarcas limítrofes, fomentando o espírito deportivo, o compañeirismo e o respecto polo medio ambiente entre os participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...