O Concello Rianxo e Cibervoluntarios celebraron en Leiro un novo obradoiro sobre móbiles para maiores de 55 anos

05 Maio 2024

Esta primeira semana de maio celebrouse a segunda sesión dos obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores de 55 anos organizados polo Concello de Rianxo, ao abeiro do seu convenio recente coa Asociación Cibervoluntarios. A sesión desenvolveuse no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.

Nestes obradoiros, gratuítos para a veciñanza, as persoas asistentes aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vídeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na Rede.

Estas actividades formativas impartiranse esta tempada en todas as parroquias do concello de Rianxo da man de Asociación Cibervoluntarios e do Concello. O primeiro obradoiro celebrouse os días 24 e 25 de abril, na parroquia de Isorna. A seguinte quenda foi como dixemos en Leiro, os días 2 e 3 de maio. O 15 e o 16 de maio, en horario de tarde, celebrarase o obradoiro en Taragoña; o 29 e o 30 de maio en Araño; o 12 e o 13 de xuño en Asados; e o 26 e o 27 de xuño en Rianxo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.