O Concello do Son quere licitar o proxecto do novo colexio de Portosín despois do remate do verán

22 Maio 2024

O Concello de Porto Son informou de que está a levar a cabo diversos encontros e trámites para acelerar o proxecto de construción do novo colexio de Portosín. O obxectivo, segundo fixo saber o rexedor Luis Oujo, é contar coa superficie necesaria para construír antes de que remate o verán, deixando vía libre para a licitación do proxecto.

Entre as xuntanzas mantidas polo alcalde figura unha xornada de traballo co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na que se abordou, precisamente, a necesidade de contar cos terreos precisos ao remate do verán. Neste senso, o Concello fixo saber que neste intre estanse a levar a cabo as negociacións para a compra dos predios, vía que se vai complementar, se nada o impide, coa expropiación dalgúns destes terreos.

O centro docente proxectado contaría cunha área dispoñíbel de máis de 6.600 metros cadrados, dos que a edificación en si mesma ocupará 2.666 metros cadrados, complementándose con trinta prazas de estacionamento interior. Disporá de dous andares, con tres unidades de Infantil e seis de Primaria, amais de comedor, pista cuberta, ximnasio, biblioteca e outras estancias. Amais, a nivel de deseño e construción, o inmóbel que substituirá ao edificio emprazado durante anos a carón da praia de Coira será o segundo da nosa Comunidade construído integramente segundo o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica (tras o novo colexio de Milladoiro, Ames), a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dos centros educativos post-COVID, un modelo que aposta de cheo pola amplitude de espazos, a integración na contorna, a accesibilidade e a versatilidade (veñen preparados para dar resposta ás necesidades do ensino das vindeiras décadas). Dará resposta a unha poboación escolar de 900 alumnas e alumnos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.