O Concello de Ribeira traslada a Patrimonio Natural a necesidade de revitalizar o Parque Natural de Corrubedo

27 Maio 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, reuníronse coa directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz a quen lle trasladaron a necesidade de “realizar actuacións que permitan revitalizar o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán”. En concreto, propuxéronlle crear varias liñas económicas dirixidas ás persoas propietarias de terreos dentro da zona protexida con diversas finalidades. A primeira delas sería para promover o cultivo das terras, a gandaría, a apicultura, a silvicultura e calquera outro tipo de “actividades respectuosas co medio natural” e “conseguindo xerar un impacto económico na zona”.

Por outra banda, demandaron que a Xunta realice unha memoria económica para compensar ás persoas propietarias de terreos e titulares de dereitos consolidados, que estean en disposición de vender os seus terreos. “Esta medida faría posíbel que a Xunta fose mercando terreos a quen teña intención de vendelos”, comentou o rexedor.

Durante a xuntanza mantida na Consellaría de Medio Ambiente, tamén se lle trasladou á directora xeral o problema que xeran os xabarís nos terreos cultivados polo que o Concello demandou “medidas que permitan reducir o número de exemplares desta especie e tamén axilidade nas axudas establecidas para paliar os danos nos cultivos”.

Ademais, a delegación ribeirense explicou que considera “importante” garantir un correcto estado dos paseos e zonas de maior tránsito. Por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, comprometéronse a realizar tarefas de mantemento dos estacionamentos das dunas e tamén da praia do Vilar, algo que o rexedor agradeceu.

Por último, a concelleira fixo fincapé na importancia de reducir as especies invasoras como a Cortaderia selloana, tamén denominada herba da pampa, e animou a realizar campañas de educación ambiental coa rapazada, abrindo durante todo o ano o Centro de Interpretación de los Ecosistemas Litorais (CIELGA) para dar a coñecer os valores ambientais e naturais do Parque.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...