O Concello de Ribeira comprométese a mellorar a seguridade viaria e o transporte nos colexios e a ampliar o CEIP O Grupo

06 Maio 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas asociacións de nais e pais (ANPAs) do concello nun esforzo por estreitar a colaboración entre a administración local e as comunidades educativas. No encontro abordáronse diversos temas de interese para mellorar a calidade do ensino no municipio.

Un dos puntos destacados foi a necesidade de reforzar a comunicación e coordinación entre o Goberno municipal e as asociacións de nais e pais, e “traballar conxuntamente para buscar solucións aos retos aos que se enfrontan os centros educativos do municipio”. Tratáronse deste xeito estratexias para favorecer a conciliación, a xestión dos comedores escolares e o servizo de monitorado.

Amais, abordáronse cuestións relacionadas coa seguridade viaria nas estradas arredor dos colexios, o transporte escolar ou á necesidade de profesorado para os nenos e nenas con necesidades especiais.

O alcalde e a concelleira comunicaron ás ANPAs que o Goberno municipal vén de solicitar unha reunión coa consellería de Educación, organismo competente na materia, para abordar estas problemáticas de xeito integral e buscar solucións eficaces que permitan mellorar as condicións educativas do municipio. “As catro alcaldías de Barbanza Arousa solicitamos tamén unha reunión coa empresa Monbus para tratar as deficiencias no transporte escolar”, explicou ademais o alcalde Luís Pérez.

Outro dos temas tratados na reunión foi a carencia de espazo do CEIP O Grupo, que tamén precisa dunha obra de rehabilitación. En relación a isto, o Concello aprobou no último pleno municipal a posta a disposición da Consellería de Educación o edificio da antiga Comisaría de Policía; “para que a Administración autonómica leve a cabo as obras necesarias para destinalo a uso educativo”.

O rexedor e a concelleira comprometéronse a ter en conta as suxestións e inquedanzas suscitadas polas ANPAS e a seguir traballando de xeito colaborativo para avanzar na mellora do sistema educativo local.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...