O Executivo de Julián Bustelo anunciou a renovación dun treito de aproximadamente 1 quilómetro na vía que dá acceso aos núcleos de Cerqueiras, Vilar e Campelo (parroquia do Araño), melloras coas que se pretende dar continuidade á actuación executada a finais do ano pasado. Para esta nova actuación o Concello de Rianxo conta cunha achega da axencia autonómica AGADER por importe de 47.476€.
Tal e como destacou o Alcalde, Julián Bustelo, “a actuación permitirá renovar o firme do tramo da estrada que se atopa en peor estado” e lembrou que esta pista non só é empregada polos veciños dos núcleos citados senón que tamén “dá acceso a un dos nosos principais recursos turísticos, como é o miradoiro da Muralla”.




