O Concello de Boiro recibe unha subvención da Deputación para a contratación de persoal de museos

31 Maio 2024

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 20.000 euros para financiar gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante o ano 2024. A axuda concedida vaise destinar á contratación de persoal para o Centro Arqueolóxico de Neixón e a Pazo de Goiáns

O obxectivo da subvención é o financiamento do persoal técnico para a coordinación e atención a museos e centro de interpretación durante o ano 2024, neste caso en concreto do Centro Arqueolóxico do Barbanza, entidade municipal.

Ademais porase en marcha o programa Coñece Goiáns 3, programa temporal que pretende dar continuidade ao iniciado en 2022 para seguir dando a coñecer os valores patrimoniais e medioambientais deste espazo.

Entre as actividades que se desenvolven ao longo do ano dende o Concello de Boiro para fomentar as visitas están todas as actividades relacionadas coas Letras Galegas, encontros arqueolóxicos ou exposicións e concertos que se realizan no Pazo de Goiáns.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.