O Concello de Boiro destina 72.800 euros para a práctica de deporte federado no municipio

06 Maio 2024

O Concello de Boiro convocou as subvencións ao deporte federado por valor de 72.800 euros. Estas axudas divídense nunha liña de bolsas para deportistas federados e outra de axudas destinadas a clubs e entidades deportivas. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, explicou máis polo miúdo estes apoios á promoción do deporte no municipio.

Segundo detallou, a cantidade total que se vai destinar a esta liña de axudas e subvencións é de 72.800 euros. Por unha banda atópanse as subvencións a clubs e entidades deportivas para o financiamento de gastos federativos; seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios ou de comunicación; gastos de vestimenta e lavandería; formación, ximnasio, fisioterapia e farmacia; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións; arbitraxes; premios e trofeos; e equipamento deportivo.

Tamén se convoca unha liña de axudas a deportistas federados da localidade e que ten como obxectivo apoiar o esforzo realizado por deportistas locais nas súas respectivas modalidades. As persoas beneficiarias destas axudas deberán ter entre 9 e 23 anos; estar empadroadas en Boiro; ter licenza federativa en vigor; e ter participado, na tempada anterior, en campionatos ou probas oficiais.

O Concello de Boiro convoca esta liña de axudas á promoción do deporte local no marco das súas competencias para o fomento de actividades deportivas e lúdicas, co obxectivo de apoiar a participación dos clubs deportivos do municipio en ligas e competicións oficiais do ámbito comarcal, provincial, autonómico ou estatal nas distintas modalidades deportivas. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, destacou a implicación do Concello co deporte no municipio: “Destinamos máis de 420.000 euros do orzamento municipal á promoción do deporte entre estas subvencións de concorrencia, as subvencións nominativas, escolas deportivas municipais e veráns deportivos”.

O prazo de presentación de solicitudes para participar desta convocatoria está aberto dende este luns 6 de maio e por un prazo de dez días hábiles. As bases da convocatoria e toda a información (da primeira e da segunda convocatoria) está dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...