O Concello de Boiro acondiciona os areais de cara á época estival

23 Maio 2024

O Concello de Boiro traballa no acondicionamento dos areais do municipio de cara á época estival. As actuacións que se están a levar a cabo teñen como finalidade a renovación e mellora dos servizos de praias logo da época de temporais.

As brigadas de obras están a realizar os arranxos e reparacións no mobiliario das praias tales como bancos, papeleiras ou pasarelas, así como a posta a punto dos accesos ás mesmas. Do mesmo xeito, estase a traballar na limpeza e roza das contornas así como o acondicionamento dos sendeiros e camiños de acceso.

Ademais destas tarefas previas de acondicionamento dos servizos, o Concello de Boiro vai levar a cabo, como cada verán, a limpeza mecánica e manual das praias para eliminar os residuos traídos polo mar e depositados na superficie areosa. Para este fin, contrataranse un total de quince persoas mediante unha subvención da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.