A iniciativa Que o ritmo non pare regresa na Pobra cunha 3ª edición para promover o envellecemento activo

23 Outubro 2026
A concelleira Amparo Cerecedo

A Concellería de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, dirixida por Amparo Cerecedo, impulsa a terceira edición de Que o ritmo non pare, un programa desenvolvido polo Centro de Día da localidade que busca fomentar a práctica de exercicio físico entre as persoas maiores de 60 anos mediante o baile, ao tempo que ofrece un espazo de encontro e convivencia.

A proposta combina música e movemento para traballar a flexibilidade, a coordinación, a orientación e o ritmo. Ademais dos beneficios físicos, pretende contribuír ao benestar emocional das persoas participantes a través dunha actividade lúdica que favorece as relacións sociais.

Tras dúas edicións, Que o ritmo non pare volve polo tanto o 5 de novembro e desenvolverase ata maio de 2027. As sesións serán impartidas por profesionais do centro de día e celebraranse cada quince días, os xoves, de 16.15 a 17.15 horas.

A Escola Unitaria do Vilariño acollerá inicialmente a actividade, que se trasladará ao Centro Social de Santa Cruz cando estea operativo.

Inscricións abertas ata o 30 de outubro

As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente nos Servizos Sociais do Concello ata o 30 de outubro. A actividade é gratuíta, está dirixida a maiores de 60 anos e contará con entre 15 e 20 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Para formalizar o trámite será necesario presentar o DNI. Tamén se poderá inscribir outra persoa, sempre que se dispoña da correspondente autorización asinada.

Para ampliar información sobre o programa, pódese contactar co centro de día da Pobra nos teléfonos 981 830 687 e 673 350 735 ou a través do correo electrónico apobradocaraminal.consorcio@igualdadebenestar.org.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.