O Colexio de Arquitectos de Galicia selecciona 30 propostas arquitectónicas de profesionais no marco da súa iniciativa “Nova Arquitectura Galega 2024”, entre eles un do Son e outro de Ribeira

27 Maio 2024

Entre os seleccionados está A casa dos micro Pilotis en Miñortos, Porto do Son de Mariña Sabela Jordán De La Peña e os Apartamentos en Coroso en Ribeira de Caio Barboza – Sofia Blanco Santos.En totalk presentaronse 96 proxectos dos que foron seleccionados 30 incluídos de fora de España.

A casa dos micro Pilotis en Miñortos, Porto do Son

Apartamentos en Coroso en Ribeira

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convocou a iniciativa “Nova Arquitectura Galega 2024”, unha proposta colexial símbolo dunha nova xeración que está chamada a definir os trazos da arquitectura galega do futuro.
Un xurado seleccionou 30 proxectos arquitectónicos e nomes de arquitectas e arquitectos, menores de corenta anos, que formulan modos de traballo abertos e transversais, xunto con temas máis pegados, polo xeral, á escala do pequeno e diverso, como corresponde aos inicios dunha carreira profesional, onde todo é posible e está aínda por definir. “Son proxectos de hoxe con perspectiva de mañá, que atenden ao sostible, ao social, á escala e ao respecto pola xeografía, mostrando unha capacidade crítica e respectuosa co contexto” –explica o decano do COAG, Luciano Alfaya–. As propostas seleccionadas pódense consultar na web colexial: https://www.coag.es/novaarquitecturagalega/.
Os proxectos e propostas elixidos tamén se emprazan fóra de Galicia, expandindo a categoría do traballo destes autores nos ámbitos sociais, xeográficos e culturais contemporáneos, amosando, segundo sinala o Colexio, “a capacidade de responder
desde a nosa bagaxe local con solucións adaptadas a outros ámbitos”.
Fronte a actualidade internacional que tende á homoxeneización das formas, o xurado desta nova xeración galega destaca a lectura preocupada desta selección polo “bo facer construtivo, pola atención ao detalle e pola perseveranza reflexiva no tectónico”, mesmo nos proxectos aínda non construídos. O COAG considera que este aspecto é algo pouco habitual noutros contextos e leva a enlazar a súa actitude coa tradición propia de Galicia recente e pasada.
Finalmente, a selección destes 30 traballos e nomes representa unha nova escolma cara o futuro que quere servir de apoio a unha xeración aínda nova, pero xa establecida e recoñecida. Desde a entidade colexial aclaran que se trata dunha xeración que sufriu os embates económicos das dúas últimas décadas, que soubo afrontalos desde a profesionalidade e a capacidade adaptativa, e está chamada a tomar o relevo e ser a substitución de figuras ben recoñecidas das últimas décadas do século XX.

A pluralidade das obras seleccionadas non só abre a oportunidade de exercer a arquitectura de moitas maneiras, se non que tamén inclúe obras que se sitúan fora de Galicia, ou accións efémeras e de investigación. Ao igual que está a ocorrer con todo o colectivo, a presenza de mulleres é cada vez maior. Neste caso nove dos estudios seleccionados están dirixidos por unha muller, mentres que outros oito son mixtos, o que reflicte os notables avanzados conseguidos neste eido.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.