Este sábado 25 de maio vaise celebrar no Campo de Arriba de Rianxo, a partir das 18.30 horas, a terceira edición do Concurso de Bandas Emerxentes, organizado pola Asociación Festival Rock in Rian e co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo e Bandín Audio. Participarán Kondusión Kolérica, Amoebo, Broken Rope, Pecha a Cansela, Archivo Adxunto e Zona Zero. Máis información nas redes sociais da entidade organizadora (a Asociación Festival Rock in Rian).




