O BNG logra o apoio do Senado para impulsar axudas aos mariscadores, “fronte a inacción de Xunta e Goberno”

22 Maio 2024

A senadora do BNG, Carme da Silva, conseguiu o apoio da Cámara Alta para demandar ao Goberno do Estado que “impulse o plan de saneamento integral das rías Galegas e a recuperación da súa produtividade”.

Conseguiu, tamén, que a Comisión de Pesca inste o Executivo a activar medidas socioeconómicas até a recuperación plena actividade -por mor das condicións meteorolóxicas vividas esta tempada- como a exención das cotas da Seguridade social ou o estabelecemento de axudas directas para mariscadores e todo sector afectado.

“Os datos devastadores pon en evidencia a grave situación que padece o sector marisqueiro da Galiza mostrando como a produción marisqueira retrocede de forma brusca”, denunciou a senadora do BNG, engadindo que “o sector está farto do abandono que sofre pola Xunta” e alertando que “de non rectificar en 10 anos o PP acabará cos mariscadores e mariscadoras e entregará o mar ás grandes empresas de acuicultura”.

Esta mesma moción, impulsada polo BNG, tamén foi presentada pola organización nacionalista no Parlamento galego e aprobada por unanimidade na Cámara. “As administracións, dentro das súas competencias, teñen que actuar con urxencia e con visión de futuro” sinala Carme da Silva.

Neste sentido, Carme da Silva avanza que a organización nacionalista “estará vixiante” para comprobar que a Xunta de Galiza “teña realizado todos os trámites e requisitos necesarios para declarar os bancos marisqueiros dos concellos galegos afectados”.

Acepta, nese sentido, instar o Goberno do Estado a que habilite as axudas necesarias para compensar de forma completa e urxente o sector afectado polas perdas ocasionadas pola mortaldade severa nas poboacións de mariscos, especialmente bivalvos de intereses comercial, tras as incesantes precipitacións deste outono-inverno.

“A xestión da Consellería do Mar non pode ser peor: promete e non cumpre, ten orzamento mais non o gasta” denunciou a senadora, poñendo como exemplo as axudas dotadas en 5,2 millóns de euros convocadas en 2020 pola COVID-19 “das que só se concederon 142 000 euros”, dixo. E engadiu: “Recentemente, en plena campaña electoral anunciaron axudas por valor de 4 millóns de euros para 7 300 mariscadores e mariscadoras. Destes millóns anunciados, só se destinaron dous e, das persoas beneficiadas, só chegou a 3 900”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...