Novas axudas ao sector para a rexeneración dos bancos marisqueiros

27 Maio 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde,  mantivo un novo encontro cos presidentes das federacións das confrarías, o terceiro desde que tomou posesión o responsable autonómico, no que informou que ao longo do vindeiro mes de xuño a Xunta publicará varias ordes de axuda en apoio do sector marisqueiro.

Alfonso Villares anunciou aos máximos representantes do sector a publicación no vindeiro mes de xuño de tres liñas de axudas en apoio á actividade marisqueira. Por un lado, a orde dirixidas a apoiar proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños.

Por outro lado, esta previsto publicar a orde destinada a financiar proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables. Por último, tamén será publicada a resolución de concesión directa de axudas de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a súa sostebilidade.

Na reunión o titular de Mar destacou que con estas novas medidas o Goberno galego cumpre cos seus compromisos alcanzados nas periódicas reunións cos representantes do sector. Así mesmo, rendeu contas da execución doutros acordos como a realización de encontros específicos coas confrarías das diferentes zonas co obxectivo de estudar e atender as circunstancias e necesidades específicas de cada entidade para que sexan tidas en conta no deseño de vindeiras accións por parte da Consellería. Nesta liña, nas últimas semanas celebráronse reunións de traballo coas confrarías das zonas da Mariña lucense, Ferrol e Ortegal.   

Mesa de traballo

Este martes terá lugar o primeiro encontro da Mesa de Traballo do Marisqueo na que participarán persoal técnico dos departamentos territoriais, dos servizos centrais e dos centros de investigación dependentes da Consellería do Mar: Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) e o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar). O obxectivo é identificar as iñas de traballo ao redor de áreas de interese específicas nas que profundizar e sobre cales elaborar propostas concretas que se poidan materializar en resposta aos desafíos actuais do sector marisqueiro galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz profesional”. Alberto Barciela

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...