Nova xornada de voluntariado do Laboratorio Ecosocial do Barbanza en Leiro no concello de Rianxo

14 Maio 2024

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca a segunda das súas actividades en Rianxo, que nesta ocasión eliminará acacias e
eucaliptos en Leiro.

– O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de voluntariado en Rianxo, actuando esta vez no monte de Leiro. A actividade terá lugar na mañá do 25 de maio e centrarase na eliminación de acacia e eucalipto, co obxectivo de evitar a súa proliferación no monte e favorecer a recuperación da biodiversidade.
A xornada comeza ás 9.30 da mañá e está aberta a todos os públicos e idades. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org ata o xoves 23 inclusive. Ao rematar os traballos ofrecerase xantar de albaroque para as persoas participantes.
Coordinada por Fundación Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio–, a xornada conta tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro e a Asociación Amicos.

Outras convocatorias
Sábado 22 de xuño | Eliminación de acacias no monte de Taragoña Inicio ás 9.30 no Campo Maneiro Inscrición antes do 20 de xuño
Domingo 30 de xuño | Eliminación de acacias no monte de Baroña Inicio ás 9.30 no Centro de Transformación de Baroña
Inscrición antes do 27 de xuño
Sábado 13 de xullo | Eliminación de acacias no monte de Campelo, O Vilar e Cerqueiras Inicio ás 9.30 no punto de auga do acceso a Cerqueiras e Vilar Inscrición antes do 11 de xullo.

Innovación comunitaria
Estas convocatorias á participación cidadá forman parte da liña de acción do Laboratorio Ecosocial do Barbanza liderada por Montescola, que está dirixida a promover o traballo en rede. A través destas accións, o Laboratorio profunda na súa integración nas dinámicas sociais locais, implicando directamente ás comunidades participantes.
Mediante programas de formación, voluntariado e educación ambiental, búscase capacitar e empoderar ás comunidades, implicalas na xestión activa do territorio, e sentar as bases para unha maior conciencia ambiental ligada ao territorio por parte dos máis novos.

Apoio
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

Eliminado un punto de vertido de augas residuais na Pobra

Augas de Galicia (Xunta) contribuíu a eliminar un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Santa María A Antiga, no concello da Pobra do Caramiñal. O persoal do Programa de Control de Vertidos constatou esta anomalía no transcurso dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...