María Rivas supervisa dúas actuacións de demarcación de costas na praia de Barraña e no dique de Neixón

03 Maio 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, realizou este venres 3 de maio unha visita institucional ao concello de Boiro, onde mantivo un encontro co seu alcalde, José Ramón Romero e membros da Corporación municipal, co obxectivo de supervisar as actuacións levadas a cabo no litoral do municipio por Demarcación de Costas. Na visita estivo acompañada polo xefe de Demarcación de Costas de Galicia, Carlos Gil.

A subdelegada achegouse a unha das actuacións xa finalizadas: os encanamentos do regato na praia de Barraña co obxectivo de mellorar a protección do Dominio Público Marítimo-Terrestre, acondicionando o regato e deste xeito evitar os meandros que diminúen a zona de areal. Esta actuación permitirá, polo tanto, “a recuperación desta zona do areal para o desfrute dos veciños e veciñas de Boiro”, sinalaron Rivas e Romero, engadindo que os encanamentos feitos con unha cimentación mellorada compleméntanse con dúas barreiras paralelas realizadas con cilindros de material reciclado, que axudan a conter os muros de area para evitar o seu derrubamento, ao mesmo tempo que actúan de barreiras de seguridade. “Os encanamentos tamén contan con pasarelas de madeira para o uso peonil”, engadiu Rivas, que, xunto co rexedor, desprezáronse tamén até Neixón, onde se están a acometer obras de demolición do dique co obxectivo de permitir a recirculación das correntes na enseada de Taragoña, “o que redundará na mellor das condicións hidrodinámicas da ría, favorecendo a recuperación dos ecosistemas mariños e do potencial marisqueiro”.

A obra consiste na eliminación do dique-espigón mediante o baleirado e retirada de 14.000 m3 de materiais de recheo, para a recuperación e mellora do borde litoral con pedra de escollera procedente da propia obra. A actuación neste caso, ten un orzamento de 227.572,32€

María Rivas sinalou durante a súa visita que “é preciso apoiar aos municipios, especialmente aos máis pequenos, na mellora das súas infraestruturas e na rexeneración dos seus espazos, como un mecanismo que os acompañe de cara á mellora dos servizos, e os axude a frear a perda de poboación”. Trátase, engadiu, “de garantir ás persoas que viven nos concellos costeiros e rurais un futuro no que conten coas mesmas oportunidades para toda a súa veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.