A Asociación de Empresarios de Ribeira organiza neste punto de inflexión entre maio e xuño unha nova campaña de dinamización comercial e social destinada a fomentas as compras locais e reivindicar os establecementos (comerciais e hostaleiros) de Santa Uxía e do concello. Trátase do evento Noite Aberta, que se celebra o 31 de maio e o 1 de xuño. Seguirase o mesmo formato de anteriores edicións: os comercios participantes van achegar á cidadanía grandes descontos e contarán cun identificativo que permita aos clientes localizalos de xeito rápido e doado. Abrirán o venres e o sábado até as 22.00 horas.
O venres á tarde unha charanga animará as rúas de Ribeira e o sábado á tarde, os zancudos Rufina e Benito acompañados do seu carro xigante percorrerán Santa Uxía convidando aos transeúntes a apostar pola fórmula de mercar en proximidade: nos establecementos locais.
Participan na campaña Pillados, Ribalá, Lolita Moda, Gloss, La Urbana, Flappers, Rule’s, Mmagoe, Leif Store, El Tocador de Mujer 21, Anelos, O Capricho, Gena’s, El Greco, Algodón y Regaliz, Rovi, Lolita Kids, El Palacio del Bebé, Vensuca, Chinela, Chaira, Marlu, Joscar, Cempés, Champion Sport, Deportes Black Estévez, Deportes Casais Atleet, Podium Sport, Vinoteca Abuela Gloria, Bar Oasis, Bar Morrison, Bar A Caseira, Restaurante Tío Pepe e Restaurante Alján.




