Localizado na auga o corpo dunha muller que faltaba desde onte en Vilagarcía

08 Maio 2024
O cadáver da muller desaparecida foi atopado nun areal a carón dunha antiga conserveira de Vilaxoán

O 112 Galicia tivo constancia do acontecido dez minutos despois das 15:30 horas, cando un particular contactou para informar dun corpo flotando nunha zona de rochas do lugar de Vilaxoán, en Sobrán

Decontado, os servizos de emerxencias presentáronse no punto e valoraron a situación. Os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía foron os encargados de rescatar o corpo da muller, que segundo indicaron ao 112 Galicia faltaba desde onte.

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Policía Nacional e os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil  e a Policía Local de Vilagarcía.

Ademais, dous membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) desprazáronse ao lugar para prestar asistencia aos familiares da falecida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.