Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño (Ribeira)

06 Maio 2024

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora da tarde deste luns 6 de maio a un incendio nunha nave no polígono de Couso en Aguiño, no concello de Ribeira.

O lume orixinouse en restos de materiais da demolición do inmóbel, concretamente en illante do panel frigorífico. Aparentemente ocasionouse froito das chispas dunha radial.

O operativo consistiu na extinción do lume e na posterior comprobación da seguridade no lugar.

Participaron, ademais dos bombeiros de Ribeira e Boiro, a Policía Local de Ribeira, a Policía Nacional e o GAEM de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.