Gadis celebra as Letras Galegas agasallando o caderno “Flores e Letras” aos seus clientes

13 Maio 2024

A empresa galega Gadis sumouse un ano máis á celebración do Día das Letras Galegas, unha data que a cadea de supermercados aproveita para achegar a cultura galega aos fogares a través de diferentes formatos propostas. Desta volta farao co caderno de actividades Flores e letras, unha publicación para emprender “unha viaxe ao pasado da literatura galega e coñecer curiosidades dos autores e publicacións máis universais”, sinalaron os responsábeis da empresa, engadindo que a proposta inclúe unha viaxe no tempo polas nosas letras, versos e textos, pasatempos, enigmas e xogos.

Trátase, explicaron, “dun caderno moi ameno para nenos, mozos e adultos, que atoparán no seu interior un recordatorio da figura de Luísa Villalta, a autora elixida pola Real Academia Galega para render homenaxe nesta edición das Letras Galegas”.

Gadis repartirá máis de 30.000 exemplares do caderno Flores e Letras aos clientes que realicen unha compra por calquera importe o vindeiro xoves 16 de maio, ata esgotar existencias, en tódolos supermercados de Galicia. Tamén existe a posibilidade de descargalo en formato PDF na web www.gadisletrasgalegas.gal a partir do 15 de maio.

Flores e Letras é ademais o fío condutor de tódalas accións que a empresa levará a cabo con motivo desta conmemoración. Na mesma xornada agasallará aos seus clientes con máis de 30.000 marcapáxinas, para achegarse aos máis mozos, e tamén entregará máis de 30.000 bolsas de papel reciclado dando conta da celebración. Ademais en vindeiras datas terá lugar unha acción especial en A Coruña, cidade natal da homenaxeada deste ano.

Respecto da nosa comarca, Gadis conta 1 establecemento na Pobra, 1 en Boiro, 1 en Muros, 1 en Noia e 2 en Ribeira.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.