Entregados os premios da Campaña do Día da Nai da patronal ribeirense

09 Maio 2024

Este xoves 9 de maio celebrouse na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira) a entrega do premio da Campaña do Día da Nai da patronal. A veciña finalmente agraciada co obsequio de 1.000 euros foi Ana Lens, por unha compra realizada na tenda de calzado Chinela. Pola súa banda as/os premiadas/os cunha cesta da compra valorada en 50 euros para gastar no HiperGadis foron Teresa Millares (El Golimbreo), Tania Barrientos (Os Nenos),  María Roca (Gena´s) e Jose Manuel Dominguez (Sportbike).

A nova Campaña do Día da Nai da patronal de Ribeira foi unha iniciativa destinada novamente a dinamizar as compras locais e a visualizar, recoñecer e reivindicar o importante (e necesario) compromiso da cidadanía cos negocios de proximidade. Convocáronse tres premios: un vale de 1.000 euros, 20 entradas para unha clase maxistral de estilismo e catro cestas de compra valoradas en 50 euros cada unha.

Na entrega dos premios deste xoves 9 de maio participaron tamén Francisco Martínez Gude, presidente da asociación, e Vicente Mariño de Bricio, tenente de alcalde de Ribeira. A campaña estivo co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.