En Ribeira un traballador perdeu a vida ao quedar atrapado debaixo dunha árbore

13 Maio 2024
Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira participaron nun complexo rescate con persoa falecida.

O accidente produciuse nunha zona de difícil acceso, na parte alta da Curota, pertencente á parroquia de Oleiros.

Un cuarto de hora despois das 16:00 horas desta tarde, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente laboral no que unha persoa quedou atrapada por un eucalipto. Ademais, o alertador indicou que o accidentado podía estar falecido.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, os cales empregaron o material de excarceración necesario para poder rescatar á vítima de debaixo da árbore. Do mesmo xeito, avisouse aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen atenderon ao traballador logo de ser liberado, aínda que só puideron confirmar o seu falecemento. Arestora, os diferentes servizos de emerxencias traballan no traslado do corpo ata o Hospital do Barbanza mediante o helicóptero de rescate Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia, debido á dificultade que entrañaba a orografía da zona á hora de realizar a evacuación por terra.

Por parte do 112 Galicia tamén se informou do accidente á Policía Nacional, Policía Local e GAEM de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.