
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron avisados ao redor das 13:35 horas deste mediodía dunha saída de vía no Concello de Noia. Cando chegaron ao lugar do sinistro tiveron que acudir ao rescate dunha persoa, que estaba no interior do seu vehículo que caera por un barranco. A persoa ferida precisaba axuda para saír do interior do coche. Os bombeiros usaron o taboleiro espinal para extraer á ferida, que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, segundo o ordenaron os servizos médicos.
esde a Sala de Operacións do 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Boiro, GES de Noia, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.
GES e Bombeiros achegáronse ata a DP-5706 ao seu paso pola parroquia do Obre. Xuntos conseguiron rescatar á persoa ferida do interior do vehículo, que quedara nunha situación complicada trala saída de vía e a posterior caída.
Mentres, a Policía Local agardaba no lugar do suceso á espera dun guindastre para poder retirar o vehículo accidentado.




