Continúan no rural da Pobra os cursos de arte floral

09 Maio 2024

O rural segue a dinamizarse na Pobra do Caramiñal con novas actividades impulsadas dende o Concello. Á creación do xardín veciñal, o exercicio terapéutico baseado no tai-chi e os obradoiros de artesanía Feito coas túas mans súmanse agora uns cursos de arte floral que pon en marcha a Concellaría da Participación Veciñal.

Estas accións de balde impartiranse a cargo de profesionais das florarías, nos centros socioculturais do Campiño e da Ribeiriña. Nos días 20, 21, 27 e 28 de maio terán lugar no Campiño, mentres que ós martes do mes de xuño será na Ribeiriña. En ámbolos casos, o horario abrangue das 18.00 ás 20.00 horas.

“Continuamos así no camiño de revitalizar os nosos núcleos rurais mediante propostas de lecer que tamén buscan crear un espazo de encontro para a veciñanza. E, a través destes talleres, queremos potenciar a súa creatividade. Agora, no verán, realizaranse arranxos florais con cores e especies de tempada. Se teñen boa acollida, a nosa intención é darlles continuidade tamén no inverno focalizándonos na creación de adornos vexetais para o Nadal”, apuntou a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

As prazas son limitadas, polo cal se require a inscrición previa no enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com, a partir do día 10. Deberanse proporcionar os seguintes datos: o nome, os apelidos, o DNI e o teléfono de contacto. O material deberano traer as persoas participantes. Só é posíbel anotarse nun dos cursos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.