Dodro celebrou ás Letras Galegas coa presentación da obra gañadora do XXXVI premio Eusebio Lorenzo Baleirón

20 Maio 2024

O concello de Dodro celebrou esta fin de semana o Día das Letras coa presentación da obra de Manuel López Rodríguez, gañador con “As palabras do sur” un acto que congregou numeroso público e autoridades

O Autor Manuel López Rodríguez, gañador con “As palabras do sur” na pasada edición do Eusebio Lorenzo Baleirón

O Concello de Dodro conmemorou o Día das Letras Galegas coa presentación da obra «As palabras do sur» de Manuel López Rodríguez, gañadora do certame poético Eusebio Lorenzo Baleirón no ano 2023.

No acto, presidido polo alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, interviñeron o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín Gómez, o autor do poemario e Antón Lopo, escritor e representante da editora Chan da Pólvora, responsable da publicación do libro. O evento convocou autoridades, persoeiros da cultura e veciños que desfrutaron dun encontro amenizado pola música e poesía.

O compromiso do Concello de Dodro coa defensa da lingua e cultura galega ten no premio Eusebio Lorenzo Baleirón a súa máxima expresión. Certame que, con trinta e seis anos de traxectoria, é un dos máis antigos de Galicia, dedicado ao poeta dodrense referente da creación lírica nas nosas letras.

O alcalde de Dodro, Xabier Castro Tourís, aproveitou esta celebración para recordar que o municipio e o goberno local seguirán loitando ata que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras Galegas a Eusebio Lorenzo Baleirón como digno recoñecemento o seu traballo e contribución a nosa lingua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.