Boiro saca a licitación a reforma do mercado de abastos

20 Maio 2024

O Concello de Boiro anunciou a contratación das obras de reforma do mercado de abastos, cun orzamento basee de licitación de 145.657 euros e un prazo de execución de tres meses. Este proxecto conta co cofinanciamento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As reformas previstas inclúen a instalación de sistemas de alumado tipo LED e sinalización, o revestimento de chans e paredes, pintura e acristalamento, así como diversos traballos de decoración. Entre as melloras específicas atópanse a colocación de biombos de aceiro inoxidable, unha malla soldada e unha corda decorativa de fibra natural ancorada ao teito na zona de peixaría.

As empresas interesadas teñen ata o 4 de xuño para presentar as súas ofertas a través do sistema electrónico da plataforma de contratación do Estado. Os criterios de avaliación inclúen ata 15 puntos para a mellor oferta económica e un máximo de 20 puntos pola redución do prazo de execución. Ademais, outorgaranse ata 20 puntos baseados na porcentaxe de persoal fixo e a cantidade de mulleres empregadas na empresa.

En canto aos criterios non avaliables mediante fórmulas, asignaranse ata 19 puntos ao contido do programa de traballo e ata dous puntos adicionais para o plan de control de calidade, o programa de actuación ambiental e o esquema do plan de seguridade e saúde. As empresas que non obteñan polo menos o 50% dos puntos na primeira fase, que inclúe os criterios de valoración do plan de control de calidade, programa de traballo e de actuación ambiental, e o esquema do plan de seguridade e saúde, serán excluídas da segunda fase e, por tanto, da adxudicación do contrato.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.