Boiro elabora un protocolo para a prevención de violencias nos ámbitos de ocio

08 Maio 2024

O Concello de Boiro elabora un protocolo para a prevención das violencias machistas, sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de ocio do concello. O concelleiro de Política Social, Raúl Treus; a directora do CIM, Marga Sampedro; e a criminóloga, Débora Viturro; presentaron esta mañá o proxecto.

A finalidade deste documento é dar a coñecer os tipos de violencias machistas, sexuais e LGTBIfóbicas que existen co obxectivo de aprender a identificalas e previlas. “Este protocolo é unha aposta máis do Concello de Boiro que, desta vez, busca actuar sobre a prevención das violencias nos ámbitos de ocio”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

O documento recolle unha explicación dos tipos de violencia, as formas nas que se manifesta e tamén as pautas para a súa detección e como actuar en cada caso. “O protocolo está baseado nun estudo realizado na Universidade da Coruña no que se avalían os espazos menos seguros para poder lograr que sexan máis seguros mediante a concienciación e a prevención”, afirmou Débora Viturro, redactora do protocolo.

O obxectivo deste documento é ofrecer un recurso formativo para locais e hostelería, asociacións, entidades ou comisións de festas de xeito que se cree unha rede de espazos seguros e libres de violencias no ocio. “O que pretende este protocolo é establecer un método a seguir sobre como detectar as violencias e como actuar para evitalas e previlas en todos os ámbitos do ocio, tanto en locais hostaleiros como en festas ou verbenas”, explicou o concelleiro de Política Social, Raúl Treus.

Ademais da elaboración deste documento e a formación, o Concello de Boiro realizará campañas de difusión e información orientadas especialmente á mocidade. “Este protocolo xorde dun traballo de moitos anos e que agora pretende que a detección e a prevención das violencias vaia moito máis alá dos profesionais, implicando tamén a colectivos, entidades e tamén empresas”, recoñeceu a directora do CIM, Marga Sampedro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.