As alumnas do Programa Integrado de Emprego de Boiro completan o módulo formativo en hostalaría

23 Maio 2024

As alumnas do Programa Integrado de Emprego 2023-2024 que o Concello de Boiro leva a cabo xunto cos concellos de Rianxo e A Pobra do Caramiñal rematou a súa formación do sector da hostalería (bares, restauración e aloxamento). En cada curso participaron 15 alumnas que completaron 205 horas entre as actividades formativas de limpeza de aloxamentos, recepción e atención ao cliente, servizos básicos de barra, aplicación de fundamentos de cociña e manipulador de alimentos.

Ademais da formación en módulos específicos, o programa incluíu outras accións transversais como a formación para a mellora da empregabilidade, formación en habilidades sociolaborais, idiomas e novas tecnoloxías, prospección de ofertas, deseño de currículos… Todas as participantes contaron cunha bolsa de asistencia de 10 euros/dia e un módulo de prácticas específicas en empresas da comarca.

Na actualidade estanse a levar a cabo actuacións de intermediación laboral con empresas para lograr insercións laborais no sector xa que o obxectivo principal do programa é acadar a inserción laboral dun mínimo de corenta e cinco mulleres das cen participantes.

O Programa Integrado de Emprego 2023-2024 do Concello de Boiro está subvencionado pola Consellería e Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.